Na sección CONSULTA BÁSICA, o usuario ten a posibilidade de introducir a secuencia de caracteres que desexa localizar dentro do corpus. O sistema de busca de Humcor permite localizar contido nas transcricións de tres xeitos principais:
- Busca exacta. O texto introducido búscase tal e como aparece na transcrición, respectando o orde e a forma na que está escrito. Por exemplo, se se busca "Se lo comieron", un resultado podería ser "Le dieron dos o tres vueltas, se lo comieron todo".
- Busca con todas as palabras en calquera orde. Todas as palabras incluídas na busca deben aparecer na transcrición, pero non é necesario que estean no mesmo orde nin sexan contiguas. Por exemplo, se se busca "niño padre", un resultado válido podería ser "Un niño que se va al padre".
- Busca parcial. Non é obrigatorio que todas as palabras incluídas na busca estean presentes na transcrición. Se se busca "niño madre", os resultados poden incluír "¿Qué quieres, niño?", "Cuando nací, mi madre le dijo".
Na sección de FILTROS AVANZADOS, pódense aplicar criterios de clasificación en tres categorías principais: o programa (tipo de programa, medio de transmisión ou o ano), as características do falante (sexo, xeración, orixe e, se se dá o caso, o nome e a profesión) e o texto humorístico (temática, presenza ou non de xestos, etc.). Os resultados da consulta ofrecerán unha lista de textos humorísticos con opcións para visualizar a transcrición, reproducir o vídeo ou audio correspondente e descargar o arquivo de texto a través do ícono de descarga.